luna's profile" O LUGAR DE CASAL "PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
|
June 09 Que che sexa propicioQUE CHE SEXA PROPICIO
Canto tempo lembrando por ti,
cantos anos que creín
cantos choros eu vertín
cantas noites sin dormir.
Fuche isa barca a deriva
a que me levou sin norte
a que me dixo de amor
e lle crein sin dubidas nin temores
Paguei polo que ficeche
o meu lerdo corazón
que pensou que ti me amabas
e xogabas como un ladrón
o fin dinme conta un día
que che importaba de min
o sadismo que amosabas
e que eu saberes non vin
Vo proveito " cabaleiro"
que todo che marche ben
non polo que ti o merezas
mais si polo que ainda
che quero eu
sabendo que eres o demo
non te deixo de lembrar
que mudes polo camiño
que unha luz te alumbrará
por ti seguirei pidindo
por mais que dano ficeras
o meu amor e de longo
ningún mal para ti queira.
Casal January 06 CANTO MAIS LONXE MILLOR![]() CANTO MAIS LONXE MILLOR
Non fiques preto de min
traio conmigo a disgracia
cando me namoro eu
sempre se perde na praza.
A praza de un corazón
que tan só busca ledicia
e sempre atopa a sinrazón
de unha mala acollida.
Penso que poido pasares
para que non poida ser
coma todos os que querer
namorarse de uhna vez.
Sempre penso que é verdade
que me queren como eu
mais só deixan soidade
a que sempre me acolleu.
Por iso pido tan lonxe
que non se acheguen a min
por a magua de outras veces
que eu amada me sentín.
Casal December 08 O TEU AGARIMO![]() O TEU AGARIMO
Sempre por il loitei
fuxiu de min canto chorei
lonxe o amor que esperei
non quero seguir morrerei.
Canto xurache amor para terme
canto falache de amor é adormecerme
canto che creín en ti eu acuneime
e aperta a traizón mais negra onde mecerme
Lonxe por sempre il estará
mais o meu amor non morrerá
xogou a gañar e sempre me tera
iste corazón sempre necio será.
Non fun tras isa dór,
chegou cando me buscou
e non lembrou o dano que causou
vive facendo o que a min me agarimou.
Casal
![]() March 30 FUXICHES DE MIN...![]() FUXICHES DE MIN Nin sei cando ni onde nin como pensache deixarme niste abandono. Canto por ti eu pedín. Canto por ti eu chorei. Canto a morte lle rogei. Que ficeche? Non o sei. Onde fuche ti sin min?. Cantas verbas me dixeche para que creera en ti.
O amor que sintía dixo que si que eras bó mais non foi como el dicía tan só me deche door agora que lonxe acougas que xa me deixache a min prego que sexas feliz como me ficeche a min. Casal.
December 26 NA OUTRA VIDA![]() NA OUTRA VIDA Canta vida terei que vivir para atopar o xeito de non sempre sufrir. Onde as esperanzas onde as ilusións onde os camiños con luz en sol, onde a veleza do único amor cando iste te deixa despois de xurarche que eramos niste viaxe tan so os dous. Longo percorrido na busca da paz para arrincar a dor de tanta oscuridad. Non poderei seguir o corazón mais non late poida que no infinito atope o que busco, descansar para sempre deixando iste mundo que nada me deu todo mo roubou deixándome expida ca miña dor. Casal
November 11 SOÑO QUE POIDO VIVIR![]() SOÑO QUE POIDO VIVIR
Soñeite ista noite como imaxinar non podes
agarimos que me dabas erámos un é non dous
fundidos na mesma esencia
sin recordo algún a memoria cega
tan so a paísón de unha noite en vela
pidindo cada vez mais un do outro
era mel o teu corpo do que libaba
sacando da tua alma todo o que che quedaba,
na misma entrega me din tan só de ti desexaba.
Amor que cegos erámos
só queríamos ver o que nos amamos
é así pasei a noite de un soño
que non era mais que iso
pero que por isa noite
me deu para vivir no paraiso.
Non esquecerei xamais
esos bicos tan vividos
as apertas que me dabas
a paisón que me entragache
por iso amor, vivirei para soñarte.
Casal
![]() October 17 AS DÚAS FERMOSAS![]()
AS DUAS FERMOSAS
Por qué choras margarida sempre que ollas para mín si eu te quero e ben o sabes que che ficen eu a ti?
Nada teño na tua contra envexo a tua beleza eu mísera nistas erbas e ti amápola bermella todos para ti ollan e nada para nos queda.
Mais que me dis margarida che vou contar un segredo e non contes a ninguen que che falei diste xeito. A ti todos te desexan eres flor de namorados sin ti non poiden saberes o si ou non de un “ te amo”. A min por nada se achegan o meu cheiro fai que alonxen iles ven que ti eres pequena e mírante dende o alto eu ando de un lado a outro cando a brisa anda chegando ti margarida non sabes e deberas de lembrar o corazón é o fermoso que a vida che pode dar o que ves o rededor pode mudar o teu sino si ti non te queres ver e non te coidas con mimo. Xa ves que envexa che dou minguen me pode tocar ise cariño me falta nin unha aperta me dan sendo fermosa e moi alta todos ollan outro lado, sigue ca envexa meniña a que eu che teño por non poderes sentir que me miman con agrado.
Perdóname amapoliña non coñecía o que dis acabo de cometer un grandísimo pecado tan só o pensar en min sin mirar o rededor. Síntome desgraciada con todo o que me doaron agora dígoche a ti amapoliña fermosa non poderei achegarme eu non te ei de deixar ti eres quen todo o sabe cantos che ei de achegar. Leda estarás amápola camiñaermos xuntiñas non te sentirás mais soa non o mereces fermoso e bermellísima en soedade amapola. Casal.
September 10 LEVÁRONMO![]() LEVÁRONMO
Choro, non poido parar
o meu amor loitou
de nada serviu
a dama loitou mais.
Que farei sin el
canto mais me queda
para que esa señora
por min tamén veña.
Non quero quedar
isto para min acaba.
Quen berra por min ?
É o meu amor que me chama .
Vou meu ben, no esperes mais
ti es a miña vida
non vou quedar.
si ela non ven fareina chegar.
CASAL
![]() August 28 NON O DEIXES IR![]() NON O DEIXES IR
Non deixes meu Deus que vaia xunto a ti
que acouge un anaco pretiño de min
lembra que o quero que me namorou
si o levas agora morrerei de amor.
Sei que todo o podes
tenme en conta si ?
deixa que viva un tempo feliz
ca ledicia de telo de sintilo xunto a min.
Sei que anoxado estás moito non creo en ti
pero a dór e tan forte xa nos sei
se poderei vivir o estar il ahí eu ainda aquí,
se ves que non queres lévame para xunto de ti
En algures do infinito atoparémonos
e xa por sempre da man iremos
lembrando que na terra non puidemos
farémolo no espacio xa sin tempo.
CASAL
July 06 ANSIAS.....![]() ANSIAS Quero os bicos que sempre tiven o amor que sempre mostrache, a paisón que vivimos, a que nos levou os dous da man por outros paraxes.
Nos esquezas meu, todo o que sentimos, non deixes que morra quérote conmigo. Xuntos ata perder o sentido camiñando da man sempre pretiños.
As apertas que poidan facerche esquecer os lamentos, a dor que se che poida achegar non os quero a tua veira fareinos alonxar.
Quéreto meu ben, sempre tarei non o dubides, non me preguntes mais lembra o pasado o presente eu non esquecerei xamais.
CASAL
June 30 ÁMOTE MEU BEN..... DÚBIDASÁMOTE MEU BEN
Non me pregontes por qué
xa que nin unha soa vez o vin,
petou no meu corazón,
e para sempre ahí quedou.
Non busco respostas,
fai tempo que non,
teño amor para os dous
que mais da que me queira ou non.
Na miña alma, el acoguará
non elexin, chegou e xa está
alí o gardarei, sera o meu soño,
conmigo vivirá, por sempre,
ainda que non o atope ... ahí permanecerá.
CASAL
![]() DÚBIDAS
Asentan en min, por pura dor,
non acougo sin el, doime o corazón,
nada conseguirei, amar non sempre é de dous,
entregueime eu, non poido reprochar,
que non sinta o mesmo, que ye remate o amor.
Quixera telo sempre pretiño de min,
consigo nos meus soños, sempre está ali,
regalando amor, pasión e sentemento,
que me embruxan sin parar,
por eso dúbidas, de min alonxar.
CASAL
June 28 ERES TÍ, LUGO A MIÑA FERMOSA CIDADE.... O MIÑO, MEU AMIGO...![]() ERES TÍ, LUGO A MIÑA FERMOSA CIDADE
A miña cidade, na que tanto aprendín,
na que tanto loitei, na que tanto vivín.
Non sei o que sinten outros, só sei o que sinto eu,
e sempre a levo tan dentro, resístome a deixala.
Algúns me din, mellor noutros lugares, isto non e o teu.
Que saberán iles dos meus sentementos, do que eiqui
a vida me deu, tantos momentos que sempre miña serás,
tí e mais o Sacramento.
Esas murallas romanas, tan fermosas,
como te poido deixar, é mudarte a tí por outra,
sería como dicir, miña nai xa non te quero.
CASAL
![]() O MIÑO, MEU AMIGO
Si tí poideras falar, canto poderías dicir,
de todo o que che confeso,
canto estou o carón de tí.
Cando pola tua veira, camiño,
facendo o mesmo percorrido,
o que coñezo, dende unha pola, a unha pedra,
ata as troitas e peixes que brincan
nas tuas augas, calmas augas,
tamén traicioneiras,
onde tantas veces deixei eu as miñas penas.
Tin non me traicioaras, sempre me escoitas calado,
sempre estou a tua veira, o meu mellor amigo,
por iso cho agradezo, porque sigues caladiño,
e me escoitas cada día, con sol, con choiva ou con frío.
CASAL.
![]() June 18 Corazón.... mais......![]() CORAZÓN Sintindo estás a todas horas, corazón non me deixas, necesito repousar, ainda que ti non o creas. Un corazón que non sinte en un corazón mais ledo que non se gasta nin sofre, e que non loita por medo. Deixa de sentir un pouco ti me fas envelecer e sendo un corazón xoven, por que tes que padecer. Empéñaste en sentementos, sentementos imposibels pois eres un caprichoso, e nin conmigo ti vives. Quixera chegar a un pacto, eche un pacto para os dous, sinte tan só un anaco, estaremos mellor non¿? Cando ti queiras sentir, avisame corazón, eu ireime para un tempo de visita ou de favor. O pacto que si ti queres fará a vida lixeira faime caso meu amigo, descansaremolos dous. Eu cho pido....de favor, e non irei de visita, cando sintas polos dous CASAL
É UN SOÑO
En algures da miña vida tiven un soño que nos levaba lonxe, é alí deixounos. O meu amor ia por diante ensinándome o camiño que percorriamos xuntos, sin alonxarnos, pretiños. Mais eu ia algo esgotada, era longo o percorrido dixenlle de parar un pouco a veira daquel camiño, no chan sentamo-los dous, falando das nosas cousas sin presas, para que telas, niguen ollaba de nos, ninguién nos votaba en falta, eramos tan só os dous. De noite se ia facendo, tivemos que andar de novo para chegares o lugar que eu via nos meus soños. Non sei canto camiñamos, o tempo que nos levou, sei, cos meus pes ian cansos, é o meu ben o notou, tamen ia esgotado, pero en brazos me colleo, así camiñou conmigo, hasta que descansei eu, meu ben, non podia case, pero nin queixa me deu. Chegamos aquel lugar, era o lugar dos meus soños, resultou ser un curruncho mui preto de unha montaña. Na miña vida puidera ver un lugar coma aquel, todo cheo de beleza, de silencio, tamen de moita andadura pero mereceu a pena, o meu amor me mirou, e me dixo, ven pretiño, aquí ficamo-los dous. CASAL
É O QUE EU QUERO
Longo percorrido o da miña vida
atopando loitas de noie e día.
Non, as obrigas que outros impoñen,
vivir facendo o que desexo,
dabonda loita dabondo pesar,
só pido poder pousar.
Non quero sorpresas, tampouco atallos,
camiñar lento, saboreando.
Ver o que eu quero, sentir para min,
cavilar pouco, tan só vivir.
No pasado mo negaron, quero facelo agora,
non me dirán, tí fai....eu obedezo,
iso rematou, non lembrarei,
o facer para os mais,
vivir para os mais.
Tócame a min, vivir....sin mais.
CASAL DONDE VAS....
Oxe vin a Santa Compaña,
non era para min, se non
para o que xa se tiña que ir.
Non aberá xeito de alonxala para sempre,
tanto descubremento de que nos serve ¿?
moito se presume de moderninade,
mais a compaña, anda e desanda,
de ancestros ven e non marcha,
para que tantas novas
si ela, sempré estará.
Santa Compaña, tí, moderniza,
deíxanos lonxe non teñas presa.
Non te queremos, vaite esquecendo,
fai moito tempo que ves remexendo.
Agora con isto da modernidade,
en moi pouco tempo, vaste enterare.
CASAL
ÁMOTE A TI, HERCULES
Mitade deus..mitade home
forza que me enche, poder que por min chama.
Amote Hércules, polo teu bó corazón,
pola tua limpa mirada.
Son loitas continuas as con destiño che depara,
serpes de sete cabezas, non dudas en cortalas,
meigas que te perseguen,
por que no fondo coma a min ámante.
Vida imposible a co destiño che garda
e de cada loita saes victorioso
Ave Fenix da miña alma.
Ámote Hercules, o teu poder de deus inspírame,
as tuas visceras de ome, roubanme a alma.
A ti Zeus, deus que todo o pode,
ainda que mísero pai, que a pelexar o mandas,
permitindo así a que sin descanso o meu amor,
se enfronte as loitas mais encarnizadas.
Ti, relegáchelo y el por ti ainda chama.
Zeus el nada che debe, eres un deus sin alma,
mais eu ei de agradecer, que polo teu egoismo,
o destiño a Hércules e a min uniunos.
El sempre gañará, non por se un deus,
se non pola eredade do corazón
que unha uman lle situou, no seu canastelo.
Sempre será o meu amor, é o morrer eu,
el seguera, pelexando contras os teus fantasmas,
Zeus, deus egoista e cruel, nunca recoñeceras
todos os teus desatinos.
Renegas así, da unión do uman con diviño.
CASAL
ÁMOTE SOL
Quixera chegares o Sol,
dicirlle, tou namorada,
son a Lua que te quere
a que pola noite vaga,
buscando a mañanciña
para de lonxe verte,
si poder dicirche nada.
Esperando o elipse de Lua namorada,
mírasme achégaste a min,
en unha aperta me fala.
Síntome querida, totalmente namorada,
búscote Sol ainda que seiba,
que ti mais eu, xamais seremos nada,
tan só unha ilusión que en un anaco pasa,
esperando o siguinte, en soidade,
desesperada.
CASAL.
![]() POR SEMPRE E PARA SEMPRE
Amareino sempre, para íl vivirei,
sei que non me quere,
mais, de sentires nos deixarei.
Tola namorada sin esperanza
sabendo que xamais serás amada.
O amor manda, que me queira ou non,
esta tola de amor, así seguera,
ata que da sua vida xa non quede nada.
Ata pechar os ollos,
e no derradeiro suspiro,
pensar en íl, para morrer
a unha paisón aferrada.
CASAL
![]() DONDE ESTÁS.
Donde estás amor,
agora non me rondas,
dende fai unhos
días síntome tan soa.
Donde estás amor,
agora que eu te busco,
xa case nin ves,
e diso fai moito.
Donde estas amor,
canto me pediche,
y agora que eu quero
alonxas do meu camiño.
CASAL
![]() TEÑO MIL POESÍAS NA MIÑA ALMA
Son sensacións, sentementos, emocions,
son vida que nos leva por outras dimensions.
Fantasias de luz ricas e plenas,
nubarrons negros de alma en pena,
xelados frios da indiferencia,
furia agachada que esixe claridade,
cartas de amor, mil veces leidas,
paisón sin freno, colmante de ledicia.
Ruidos da mente que chaman ta de presa.
Teño mil poesías na miña alma,
pasalas quero o papel,
a miña ilusión, mais saen cando elas queren.
Tan só miro, esperando o fluxo,
que abra o centro do meu universo,
son tantas as poesías da miña alma,
o día chegará, que se farán miñas,
atoparán ca luz,coma una recien nacido
esperando para íl, o millor para vivilo.
Teño mil poesías na miña alma,
algún día serán un manuscrito.
CASAL.
Non serei un pesadelo .... mais...... NON SEREI UN PESADELO Cavilando sempre, os anos pasan, bulindo un sentemento o daquela rapaza. Era moza para todo servía, co paso do tempo xa nin eso tiña. Quixera de novo atopala, non desexo para niguen a obriga dos meus cuidados, depender dos mais, non valerme. Unha carga non serei, desexo sempre ser eu, si non poido ou non sei que diste mundo me leven, xamais pesarei, nin para elas nin para eles. Só vivir mentras poida E despois..... Para ninguen a loita. CASAL
TAN SÓ MENTIRAS
Xurou amor para sempre,
dicia, non poido vivir sin ti,
mintindo a cada intre, enganando sempre.
Taba cega non vía,
creendo nas suas mentiras.
Quizá o sabía mais ver non quería,
con il seguín, non podía deixalo,
canto mais o tentaba mais amor me xuraba.
Diste xeito fun crendo, así me namorou,
co paso do tempo, sin querer ver, todo rematou.
A dor que se sinte e imposibel de contar
como si apertaran o meu corazón
é o ficeran estoupar.
Durará para sempre, só así sei amar,
que Deus mire por íl, non pido mais,
que se temple a dor, e por amor non penar xa mais.
CASAL
DEIXA DE AMOLAR
Non amoles ven cho dixen, de ti no quero saber
eu non estou namorada, non me busques que non vou
non me veñas a dicir que o estás pasando mal
non me digas que ti sufres, porque nada vai cambiar,
non me chores coma un neno, por que non me ablandaras.
Eu quero ca miña alma, con todo o meu corazón
e por moito que me digas, non che cambio, digo, non.
Que non queres entender, pois que imos a facer
pero a min ti non me chores, non penes a miña veira
vaite de aquí que non sufro, que non me sinto culpabel
porque no meu corazón, só o amor manda.
E cando eu me namore, dareille todo o que teño,
que moito teño pra dar, pero non a ti pequeno,
asi que vai a chorar a outra porta donde escoiten,
porque a min ti non me amolas,
por moito que te acalores.
Non me amoles che repito, pois nada che poido dar,
Porque se algun dia dou, eino dar por namorar.
CASAL
ERA O MEU AMOR
Eres ti o meu amor, quizá o mais importante,
quérote co corazón, ca alma que ti me partes
cada vez que te me alonxas, cada vez que ti me deixas
cada vez que non me bicas, cada vez que non te acercas.
Por que me tratas así? Xa sabes o que eu te quero,
pero parece que nunca vai chegares o momento.
Tanto como me dicias, tanto como namorabas,
tanto como me siguias, tanto como me mimabas.
Eu pregúntome para que, porque esto me fiseches,
agora xa nada queres, agora alonxas de min
agora, ti estas con outra e non mo queres dicir.
Pois ben, a isto me enfrento, porque nada mais che pido,
son outra mais no teu saco, ese saco do olvido.
Dixeche que me querías, que por min a vida dabas,
dime onde queda iso? ou tamén no saco vai?
Pois eu alonxo de ti ainda me queda algo, dignidade,
pra me ir lonxe, moi lonxe de ti.
Pero recorda o que eu digo,
nesta vida que levas por onde vas maltratando,
as atopar quen che de o que ti a min me estás dando,
iso queiras ou non queiras, do teu ti recibirás.
Porque non só fun eu, dano ti fixeches moito,
asi que cando cho cobren non te lamentes non digas,
a mín por qué? E non te fagas o tolo.
CASAL
CANDO TI QUEIRAS
Penso na morte, soño que me leva
apértome de a pouco, síntome ven con ela.
Non temo a pechar os ollos,
non temo a sair de eiquí,
de ista vida que nada me da,
todo me cobra.
Por un segundo de ledicia,
canta door, canta fatiga.
Non é un canto a morte,
non a chamo, non busco que por min veña,
ainda que cando chegue, apertareime ven a ela,
sei que descansarei, que non me tratará mal
que leda estarei con ela.
Por fin libre serei, xa non tarei presa
xa nos voltarei, a chorar nin a reir por ninguen nela.
CASAL
PRETO DE MIN Pretiño te sinto non alonxex, meu, desexo o teu corpo perto os meus sentidos, sempre postos para o meu ben querido. Sínteme moi forte, disfruta o momento a ledicia de estar xuntos, ser só un, sentir o mesmo. Non deixes de quererme ámame sempre, ca mesma paisón, sin razón, nin mente. Quérote para sempre, ámote ca vida é, sin ti meu ben, eu vivir non podería. Non quero pensar, no lonxe que te atopas, non quero saber, caúsame dór, Deíxame soñar, con ceos de paisón. CASAL
![]() Quérote a ti....mais....
QUÉROTE A TI A sensación que se sinte cando na madurez vives sabendo que te aman tamén que te valoran, estando namorada. Ti, dasme todo, por iso te quero, so me negas algo, o que mais desexo. Disme que non, que non poderá ser, apágase o amor tamén a madurez. Agora fasme vella, tamén abandoada.. todo o que me falaxe non serve xa para nada. Creín eu, a min me culpo, quixen ver que as tuas palabras eran certas, ti me dabas o que necesitaba para vivir, sintia o amor sintiame muller o que sempre me negaron, o que a berros pidia, agora..agora volto a perder, é así a miña vida. Gracias che darei, ainda que tan so mentiras me dicias. Por iso quérote a ti, ainda que expida me sinta, ca dor na alma e un corazón roto, que en pedazos quedará, non arranxará. Non te culpo, amo polos dous, ata o fin quedarei sin ti, mais lembrarei, que un tempo por ti, muller de novo me sintin, non exquezerei xamais.....ata o fin. Lembrarei o bo, tan so con iso quedarei ata morrer. Disme que no....pero nada me fará cambiar, ámote meu ben. CASAL. -CANDO DÍS QUE ME QUERES-
Cando dís quérote, fasme sufrir
sei que mintes que en min só buscas enganar a soidade,
falar porque sabes que te escoito
é ocupas os teus ratos mortos,
alguien en resumo que che axude a pasar pola vida
na espera do derradeiro amor, o de verdade
o que che faga sentir, vivir de novo que che de ledicia.
Entón tí dirás, non era amor,
tan só ilusión,canta razón tiñas.
Non pensas en min, namoreime.
Amor que nin o paso do tempo borrará,
nin en algures o infinito despertar,
nada mitigará a dor de amor que xamais te quixera.
Non te poderei culpar,
o amor é tan só meu, son a culpabel
de amar sin condicións.
Non amor non se manda, non se pode esixir,
como pedir que me ames por mais que eu te ame a ti.
Síntome culpabel por isto permitir, non podo deixarte
ainda que o queira, si.
Esperarei o adeus e tamén agonía de amar sin esperanza
sabendo que xamais te entregarás a min,
que nada sentirás por mais que mo digas tí.
CASAL NÉGOTE
Dende que te coñecín ando mirando para dentro
porque me anda a bulir, un profundo sentemento.
Non me quero namorar, o meu corazón aperto,
pero iste non acouga, olvídase doutros tempos.
Medrei limpa en sentementos, ensináronme a fiar
pero con paso do tempo eso fízome chorar.
Segue corazón calado, segue corazón pequeño,
non queiras falar agora que estás calmado e sereno,
non queiras medrar agora, que tanto medo che teño.
CASAL AS LOITAS DO CORAZÓN
Pola mañán ven cediño trátome de levantar
facéndome unha promesa
“oxe non as sufrir mais.”
O meu corazón pechado, a chave tirada lonxe
e unha carta que sempre, polo camiño se rompe.
Que fas? Por que me persigues?
Non ves que non quero ver,
que me importa si outros choran,
si mendigan que mais da.,
Tranquila quero vivir, so quero serenidade,
que outros padezan por min,
que outros loiten pola paz,
que outros compren cada día a dor ca vida che dá,
que ainda co prezo e barato, xa non quero comprar mais.
Quero vivir sin sorpresas, quero vivir sin morriña
quero pasar pola vida, sin co seiban as veciñas,
non quero que me pregunten, non quero que me reciban,
non quero que niguién sinta cando ando de puntiñas.
“CORAZÓN”
Por que petas? Non te chamei.
Por que abres? Si te pechei.
Por que berras? Si te calei.
Por que non obedeces? Si te eduquei.
CASAL
NA MIÑA VIDA Na miña vida soñei que ti me poidas querer con un amor verdadeiro que me enche cada dia. Quero que sempre me mires, a meniña dos teus ollos, é mais, achégate a min, eu xa no quero estar soa o meu corazón te chama, chámate a berros meu ben é non deixa de berrar, si non te achegas a él, ven para min... non te alonxes; dime...síntote muller dime....... es o meu desexo.... eu direicho a ti tamén. O meu amor e infinito, e nunca rematará ainda que ti estes lonxe, il sempre de atopará. Só é amor..só...amor, iso pareceche pouco? Algo mais terei pra darche si ti mo pides, nada me queda, maila miña vida tesouro, que é tua porque cha din porque sin tí custa pouco. CASAL
|
|
|