luna's profile" O LUGAR DE CASAL "PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
" O LUGAR DE CASAL "TAN SÓ É POESÍA |
||||||||||
|
June 09 Que che sexa propicioQUE CHE SEXA PROPICIO
Canto tempo lembrando por ti,
cantos anos que creín
cantos choros eu vertín
cantas noites sin dormir.
Fuche isa barca a deriva
a que me levou sin norte
a que me dixo de amor
e lle crein sin dubidas nin temores
Paguei polo que ficeche
o meu lerdo corazón
que pensou que ti me amabas
e xogabas como un ladrón
o fin dinme conta un día
que che importaba de min
o sadismo que amosabas
e que eu saberes non vin
Vo proveito " cabaleiro"
que todo che marche ben
non polo que ti o merezas
mais si polo que ainda
che quero eu
sabendo que eres o demo
non te deixo de lembrar
que mudes polo camiño
que unha luz te alumbrará
por ti seguirei pidindo
por mais que dano ficeras
o meu amor e de longo
ningún mal para ti queira.
Casal January 06 CANTO MAIS LONXE MILLOR![]() CANTO MAIS LONXE MILLOR
Non fiques preto de min
traio conmigo a disgracia
cando me namoro eu
sempre se perde na praza.
A praza de un corazón
que tan só busca ledicia
e sempre atopa a sinrazón
de unha mala acollida.
Penso que poido pasares
para que non poida ser
coma todos os que querer
namorarse de uhna vez.
Sempre penso que é verdade
que me queren como eu
mais só deixan soidade
a que sempre me acolleu.
Por iso pido tan lonxe
que non se acheguen a min
por a magua de outras veces
que eu amada me sentín.
Casal December 08 O TEU AGARIMO![]() O TEU AGARIMO
Sempre por il loitei
fuxiu de min canto chorei
lonxe o amor que esperei
non quero seguir morrerei.
Canto xurache amor para terme
canto falache de amor é adormecerme
canto che creín en ti eu acuneime
e aperta a traizón mais negra onde mecerme
Lonxe por sempre il estará
mais o meu amor non morrerá
xogou a gañar e sempre me tera
iste corazón sempre necio será.
Non fun tras isa dór,
chegou cando me buscou
e non lembrou o dano que causou
vive facendo o que a min me agarimou.
Casal
![]() March 30 FUXICHES DE MIN...![]() FUXICHES DE MIN Nin sei cando ni onde nin como pensache deixarme niste abandono. Canto por ti eu pedín. Canto por ti eu chorei. Canto a morte lle rogei. Que ficeche? Non o sei. Onde fuche ti sin min?. Cantas verbas me dixeche para que creera en ti.
O amor que sintía dixo que si que eras bó mais non foi como el dicía tan só me deche door agora que lonxe acougas que xa me deixache a min prego que sexas feliz como me ficeche a min. Casal.
December 26 NA OUTRA VIDA![]() NA OUTRA VIDA Canta vida terei que vivir para atopar o xeito de non sempre sufrir. Onde as esperanzas onde as ilusións onde os camiños con luz en sol, onde a veleza do único amor cando iste te deixa despois de xurarche que eramos niste viaxe tan so os dous. Longo percorrido na busca da paz para arrincar a dor de tanta oscuridad. Non poderei seguir o corazón mais non late poida que no infinito atope o que busco, descansar para sempre deixando iste mundo que nada me deu todo mo roubou deixándome expida ca miña dor. Casal
¡Gracias por tu visita!
|
||||||||||
|
|